martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

A veda do polbo en Galicia iníciase este venres e esténdese ata o 1 de xullo

_JMN0886
Poxa de polbo nunha lonxa. JOSÉ Mª ÁLVEZ
A medida busca protexer a reprodución do cefalópodo e contribuír a unha explotación máis sostible

A veda do polbo en Galicia comezará este venres 29 de maio e finalizará o 1 de xullo de 2020 tal e como especifica a resolución pola que se aproba o plan experimental para a xestión desta especie durante a campaña 2020/2021 que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Nela establécese que o período de veda do polbo para este ano vai das 16:00 horas do venres, 29 de maio, ata as 05:00 horas do mércores 1 de xullo, según apunta a Xunta nun comunicado.

No entanto, as capturas desembarcadas o 29 de maio poderán ser comercializadas tamén o 30 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente realicen vendas de polbo os sábados.

Durante o período de veda do polbo queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, nas augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo.

Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura deste cefalópodo con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto. O tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.

Recorda a Xunta que a veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan da especie, co fin de axustar a xestión pesqueira ao seu ciclo de vida e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sostible. 

A veda do polbo en Galicia iníciase este venres e esténdese ata o 1...
Comentarios