Os veterinarios de Tragsatec, desprotexidos: "Pode caerche a suor do que suxeita ao animal"

Un total de 36 profesionais de Lugo e A Coruña retomaron este luns os seus labores de saneamento gandeiro sen dispoñer de medidas de prevención
Veterinarios de Tragsatec trabajando en una explotación ganadera. CSIF
Veterinarios de Tragsatec traballando nunha explotación gandeira. CSIF

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CDIF) denunciará a Tragsatec, a filial do Grupo Tragsa destinada ao servizo do medio ambiente, se non soluciona a falta de protección contra o Covid-19 dos 36 veterinarios de Lugo e A Coruña que este luns retomaron o seu labor nas campañas de saneamento gandeiro.

Segundo informa o sindicato, Tragsatec non dotou aos seus traballadores de equipos de protección individual (Epi), ademais de negar o análise de risco destes profesionais no protocolo de prevención fronte ao coronavirus, que si contempla este apartado para o persoal de oficina e os empregados que realizan tarefas de desinfección.

MÁSCARAS E DISTANCIA. A empresa dotou aos veterinarios de máscaras hixiénicas, aínda que os traballadores denuncian a súa inutilidade á hora de previr contagios. "Necesitamos máscaras FP2, que son as que protexen de fóra cara a dentro", declara unha das empregadas do servizo de saneamento gandeiro.

Outro dos asuntos que xeran controversia entre os traballadores é o da distancia de seguridade. Tragsatec recoméndalles gardar unha distancia de seguridade de dous metros, algo que os profesionais ven "imposible". "Nas campañas de saneamento dos animais como os tenreiros ou o gando de difícil manexo, que teñen que ser suxeitados o gandeiro, non podes cumprir esa distancia. É máis, pódeseche caer no corpo a suor do gandeiro que é o que suxeita ao tenreiro para que nós podamos facerlle a proba da tuberculina que consiste nunha picada no pescozo do animal", sentencia a veterinaria.

Comentarios