Os viaxeiros que cheguen a Galicia desde zonas con rebrotes terán que notificar os seus datos

Núñez Feijóo explicou que a medida ten como obxectivo o "diagnóstico precoz" e estar "preparados para detectar con carácter rápido" a persoas infectadas
Visitantes en la catedral de Santiago. EFE
photo_camera Visitantes en la catedral de Santiago. EFE
Os viaxeiros que cheguen a Galicia procedentes de zonas de "alta" incidencia de coronavirus, xa sexa doutras comunidades españolas ou do estranxeiro, deberán notificar "con carácter obrigatorio" os seus datos de contacto e tempo de estancia. 

Diso informou este xoves tras o Consello da Xunta o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou que esta medida ten como obxectivo o "diagnóstico precoz" e estar "preparados para detectar con carácter rápido" ás persoas que estean infectadas. 

Así, os viaxeiros deberán notificar á Comunidade galega a súa viaxe a través do teléfono de atención do coronavirus (881 00 20 21) ou da web (coronavirus.sergas.gal). Contarán cun prazo máximo de 24 horas para facer a comunicación desde a súa chegada. 

A próxima semana publicarase a listaxe de lugares de risco con datos "obxectivos", que se renovará quincenalmente. Os viaxeiros que estean nos últimos 14 días nestes sitios deberán comunicalo, independiemente de que sexan residentes en Galicia ou non. Para o resto de visitantes será voluntario. 

De feito, Alberto Núñez Feijóo avanzou que, en función do lugar de procedencia, pódense facer PCR a persoas sen síntomas.

INFORMACIÓN DE ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS. Pola súa banda, os establecementos de aloxamento turístico estarán obrigados a informar desta medida aos seus clientes, do mesmo xeito que as axencias de viaxe, operadores turísticos e compañías de transporte aéreo, marítimo ou terrestre. Pola súa banda, tamén deberán facelo as empresas que trasladen a Galicia traballadores por motivos laborais. 

A todos os viaxeiros facilitaráselles un contacto por se teñen algunha sintomatología. Os residentes a través do seu médico de cabeceira e os fóraneos mediante o número de atención do coronavirus. 

Comentarios