jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Luís Villares deixa a política e vaise con críticas

Despídese con críticas ás cúpulas de Podemos, Anova e Esquerda Unida ►Regresará ao seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, anunciou este mércores que non concorrerá ás eleccións primarias do seu partido para elixir candidato á presidencia da Xunta e, por tanto, dá un paso atrás na primeira liña política e regresará ao seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Despois de que o proxecto que el lideraba conseguise en 2016 ser a forza da esquerda máis votada, unha lexislatura máis tarde decidiu dar un paso atrás acreditando, dixo, visiblemente emocionado e mesmo por momentos choroso, que el veu facer política e non a ser político. "Non vin perpetuarme en ningún posto".

Nunha rolda de prensa chea de críticas ás cúpulas de Podemos, Anova e Esquerda Unida confesou que durante este catro anos á fronte de En Marea sentiu que a chamada coa que os dirixentes deses partidos recorreron a el para representar o proxecto de unidade popular no verán de 2016 foi "unha trampa" porque resultou, ao seu entender, unha "escusa" para que "os de sempre puidesen facer o de sempre". 

Luís Villares deixa a política e vaise con críticas
Comentarios