Villares insta a Gómez-Reino a posturlarse para ser candidato de En Marea ás xerais

Para o líder da formación rupturista, ter grupo propio no Congreso "é un obxectivo irrenunciable"

Luís Villares. ÓSCAR CORRAL
photo_camera Luís Villares. ÓSCAR CORRAL

Deste xeito, nunha entrevista na Televisión de Galicia, Villares volveu defender a concorrencia de En Marea como espazo de unidade, un proxecto que elixirá os seus candidatos mediante eleccións primarias. "Se Antón Gómez-Reino quere chegar a ser cabeza de lista pola provincia da Coruña nas primarias internas terá a oportunidade", sostivo, agregando ademais que sería un bo representante de En Marea na Cámara Baixa.

Así mesmo, Villares admitiu que lle gustaría que a militante de Anova Alexandra Fernández encabezase a lista de En Marea por Pontevedra, aínda que para iso como todos os aspirantes "primeiro tería que  candidatarse".

Reivindicou tamén  Villares de novo a concorrencia baixo a papeleta de En Marea, "a marca política consolidada en Galicia e que engloba todo o espazo político do cambio", tal e como, as mareas locais o fan cos seus espazos. Explicou que, a nivel municipal, Podemos celebrou as súas primarias para logo incluír, por exemplo, aos seus candidatos nas listas de Marea Atlántica.

Villares lembrou que, de feito, "En Marea naceu como espazo político coa finalidade de emular a escala galega o que viña sendo unha boa forma de funcionamento no espazo municipal" xa que a "fórmula que lideran Xulio Ferreiro e Martiño  Noriega con gran éxito, esa é a que nós queremos para toda Galicia".

Por último, o líder de En Marea insistiu en que ter un grupo propio no Congreso "é un obxectivo irrenunciable", polo que se buscará "a fórmula xurídica que nos garanta esta representación". 

Comentarios