Villares: "Merece a pena pospor as primarias para que haxa garantías"

O líder de En Marea e da candidatura oficialista sácalle aos críticos o caso das primarias anuladas en Podemos Leganés

Luís Villares. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Luís Villares. PEPE FERRÍN (AGN)

O portavoz de En Marea, Luís Villares, considerou este luns que "merece a pena" pospor o proceso de renovación interna da dirección do partido ata que existan garantías de que o mesmo vai transcorrer de forma legal e conforme establece o regulamento.

"A pregunta que quero lanzarlle directamente ao conxunto da xente que agora quere votar de calquera xeito é: que é mellor, esperar unha semana ou dúas e votar con garantías, ou votar e despois ter que anular a votación?", razoou.

Neste sentido, Villares aludiu ás primarias anuladas por Podemos en Leganés tras detectarse presuntas irregularidades no censo, e díxolle á formación morada que non queira En Marea "o que non queren para eles".

Na confluencia galega –asegurou– "todo o mundo vai votar e vai votar con plenas garantías", aínda que isto non sucederá –engadiu– ata que se confirme a legalidade e seguridade do proceso.  

Comentarios