domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

As vítimas de violencia de xénero e doméstica con protección crecen un 1,2% en 2017 en Galicia, ata as 1.595

Cartel de repulsa contra la violencia machista.AEP
Cartel de repulsa contra la violencia machista.AEP

A comunidade sitúase como a terceira con menor taxa de vítimas de violencia machista: unha por cada mil mulleres de 14 e máis anos

As vítimas de violencia de xénero e doméstica con orde de protección ou medidas cautelares aumentaron en Galicia un 1,2 por cento en 2017 con respecto a 2016, ata situarse en 1.595, o que supón 19 máis que as 1.576 rexistradas en 2016. Así se reflicte nos datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estadística (Ine), que distingue entre as agresións no ámbito familiar e as cometidas por unha parella ou exparella sentimental. En concreto, as vítimas destas últimas reducíronse en Galicia en 2017 con respecto ao ano precedente, mentres que aumentaron as de violencia doméstica. 

Botando a vista atrás, os datos evidencian que se volveu practicamente ás cifras de 2013, cando se rexistraron 1.253 vítimas de violencia de xénero con orde de protección ou medidas cautelares, tras os descensos experimentados nos anos 2014 (1.215 mulleres) e 2015 (1.187). En calquera caso, redúcese o total respecto das 1.280 de 2016, ata as 1.255 de 2017. Con estes datos, Galicia sitúase como a terceira comunidade con menor taxa de afectación: unha por cada mil mulleres de 14 e máis anos. Só Cataluña (0,8) e País Vasco (0,7) teñen cocientes máis baixas.

Na comunidade acordáronse 3.711 medidas cautelares en 2017 con respecto a vítimas de violencia de xénero e houbo 1.160 condenas con sentenza firme por este delito.

No que respecta a violencia doméstica, en 2017 en Galicia contabilizáronse 340 vítimas con orde de protección ou medidas cautelares; mentres que en 2016 foron 296; un total de 365 en 2015; en 2014, outras 406; e en 2013 foron 414. Das vítimas de violencia doméstica rexistradas o ano pasado, 226 foron mulleres e 114, homes. 

As vítimas de violencia de xénero e doméstica con protección crecen...
Comentarios