Vox acusa ao PP galego de ter un "discurso nacionalista"

"Equivócaste de inimigo", responde a ourensá Ana Vázquez Blanco

El líder de Vox, Santiago Abascal, tras el Comité Ejecutivo del partido. LUCA PIERGIOVANNI (EFE)
photo_camera El líder de Vox, Santiago Abascal, tras el Comité Ejecutivo del partido. LUCA PIERGIOVANNI (EFE)

O presidente de Vox, Santiago Abascal, cargou este mércores contra o PP por, ao seu xuízo, entregarse a teses "nacionalistas" en territorios como Galicia, Baleares, Cataluña e Euskadi. "O PP nacional xa non existe", asegurou. 

Nun apuntamento no seu perfil en Twitter, o dirixente de Vox arremete contra os populares por mor de que o PP de Alberto Núñez Feijóo se sumase a unha iniciativa que partiu do BNG para instar o Goberno a negociar o traspaso de todas as competencias pendentes a Galicia. A medida foi aprobada por unanimidade na Cámara galega, onde o PP conta con maioría absoluta. 

Para o líder de Vox, isto evidencia que o PP galego é un partido "con discurso nacionalista" e súmao ás críticas ao PP de Baleares, ao que imputa "perseguir o castelán". 

Pola súa banda, a ourensá Ana Vázquez Blanco, deputada do Grupo Popular no Congreso, afeou ao presidente de Vox as súas críticas e pediulle que deixe de "insultar" e de "dividir" ao electorado: "Equivócaste de inimigo", subliñou.