martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Os xabarís esnaquizan parte dunha leira de patacas dun veciño de Coirós

O dono da leira xunto ao suco. CEDIDA
O dono da leira xunto ao suco. CEDIDA
A propiedade na que se atopa a casa esta completamente pechada e aínda así sufriu as consecuencias da gran poboación desta especie na zona

Os xabarís continuan facendo estragos nas hortas de Coirós. Esta noite un piara arrinco un asuco de patacas, dun 50 metros de lonxitude, na horta duns veciños do lugar de Boqueixón, no Fontelo, na parroquia de Santa María de Ois.

A propiedade, na que ademais da horta atópase a casa de José Barral e a súa muller, ten unha superficie de algo máis de 2.500 metros e está completamente pechada. Aínda así, os xabarís entrou en varias ocasións danando a colleita de patacas que crece nunha parte da leira. 

Segundo conta José, esta noite tiveron que ser varios exemplares e algún moi grande, xa que foi capaz de arrincar a estaca que suxeita o cable do pastor eléctrico que rodea a zona de cultivo. Os animais non se comen as patacas, senón que hozan o terreo buscando outros alimentos máis saborosos para eles.

Iso si, levantando completamente o cultivo e arruinando unha parte importante da colleita. Esta é a terceira vez que, nesta primavera, a súa leira aparece patas para arriba, despois do festín nocturno dos porcos salvaxes.

A constante intrusión de fauna silvestre nas leiras, ten preocupados a moitos dos veciños do municipio. A finais do inverno pasado unha mandada de lobos devorou a media cabana de ovellas e cordeiros dun veciño do lugar da Espenuca. En pleno centro desta pequena aldea na medio camiño entre a ribeira do Mandeo e o cume da montaña que lle dá nome

Os xabarís esnaquizan parte dunha leira de patacas dun veciño de...
Comentarios