Xulio Ferreiro votou distinto ao Congreso e ao Senado

O alcalde da Coruña non quixo desvelar a quen foron os seus votos

Xulio Ferreiro votando. TWITTER
photo_camera Xulio Ferreiro votando. TWITTER

O alcalde da Coruña e candidato á reelección por Marea Atlántica nos próximos comicios municipais, Xulio Ferreiro, confirmou que non votou igual para o Congreso que para o Senado, tras exercer o dereito ao voto. 

En declaracións aos xornalistas, apelou tamén "a conformar un goberno de progreso". "Do que non fagamos hoxe, non vale lamentarse mañá", apostilou. Por iso, dixo que é "importantísimo" ir votar. En especial, aludiu ás persoas que se ilusionaron hai un ano "coa o cambio de goberno". 

Por iso, instou a impulsar unha maioría que impulse "un goberno progresista" para que España "siga avanzando fronte a aqueles que nos queren levar ao século XIX". "Un goberno que non teña tentacións de aliarse co liberalismo", sentenciou tamén.