domingo. 26.09.2021 |
El tiempo
domingo. 26.09.2021
El tiempo

A Xunta anima aos concellos a sumarse á Área de Transporte de Galicia

Viaxeiros en transporte público. JUAN HERRERO (EFE)
Viaxeiros en transporte público. JUAN HERRERO (EFE)
O organismo avoga por estender os descontos das zonas metropolitanas a toda a comunidade

A Xunta de Galicia animou aos concellos galegos a sumarse á Área de Transporte de Galicia, que permitirá estender os descontos das zonas metropolitanas aos 313 municipios galegos. 

Nunha rolda de prensa celebrada este venres, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que a entrada en funcionamento de todo o mapa do transporte público renovado a principios de 2021 permitirá "vantaxes económicas para os petos da xente e das familias". 

En concreto, o seu departamento prevé estender progresivamente a toda a comunidade as vantaxes da Tarxeta Xente Nova e da Tarxeta Metropolitana de Galicia a través da área de Transporte de Galicia, que este mesmo venres saíu a información pública no Diario Oficial de Galicia (DOG). 

Segundo explicou o director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre, o proceso de unión na área de Transporte de Galicia por parte dos concellos será "voluntario" e permitirá que toda a Comunidade conte "coas mesmas tarifas". 

Deste xeito, todos os usuarios terán un 10 por cento de desconto na viaxe por utilizar o cartón, rebaixa á que se sumará a unha bonificación dos 0,50 céntimos no caso de que os municipios estean sumados a esta figura. 

Así, entre outros exemplos, o director xeral citou o caso do traxecto que une a cidade de Santiago con Ribeira (A Coruña), que pasaría de custar 9 euros a ter un prezo de 6. 

"Todos os galegos terán as mesmas tarifas vivan onde vivan en Galicia", incidiu Ethel Vázquez, que detallou que, con estas medidas, a Xunta busca "despenalizar" e "eliminar" os custos de transbordo. 

Ademais, sinalou que a Xunta porá en macha un sistema de pago a través da Tarxeta Metropolitana de Galicia que permitirá evitar de forma progresiva os pagos en efectivo. A iniciativa, ademais, suporá bonificar "case 17,5 millóns de viaxes". 

A Xunta anima aos concellos a sumarse á Área de Transporte de Galicia
Comentarios