A Xunta aproba a OPE de 2.225 prazas para a Administración xeral

Das prazas, 1.448 son de acceso libre e 777 de promoción interna

Alberto Núñez Feijóo, tras el Consello da Xunta. LAVANDEIRA (Efe)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo, tras el Consello da Xunta. LAVANDEIRA (Efe)

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal deste xoves á oferta de emprego público que o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, xa avanzara para a Administración xeral da Xunta dentro desde ano 2018.

Finalmente, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo precisou que se convocan 2.225 prazas para funcionarios de carreira, das que 1.448 son de acceso libre e as 777 restantes, de promoción interna.

Dentro desta convocatoria, o presidente galego remarcou que se aborda o primeiro proceso de funcionarización do persoal laboral no que, se quedan prazas vacantes, poderán pasar a ser de acceso libre.

A convocatoria para a Administración xeral, enfatizou, súmase á xa executada do ámbito educativo e á tamén aprobada do área sanitaria da comunidade.