lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

A Xunta aproba un teito de gasto de 10.160 millóns e rebaixa o crecemento

Vázquez, Feijóo y Valeriano Martínez. XOÁN REY
Vázquez, Feijóo y Valeriano Martínez. XOÁN REY
As contas para 2020 elevaranse un 3,1% con respecto ás deste ano

O Goberno galego aproba este xoves o teito de gasto non financeiro da Xunta para 2020, que ascende a 10.160 millóns de euros, un 3,1 por cento máis que o orzamento aprobado pola Xunta para este ano.

Isto supón que o gasto da comunidade autónoma para o próximo exercicio poderá aumentar ata 311 millóns de euros respecto ao orzamento para 2019, que se sitúo en 9.850 millóns.

Tal como avanzara a pasada semana o presidente da Xunta no Debate de política xeral celebrado no Parlamento, o Consello aprobou o teito de gasto para poder presentar en tempo e forma os Orzamentos do próximo exercicio, a pesar de que o Goberno mantén a súa "débeda millonaria" con Galicia, dixo.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, proclamou xa que logo que tras o paso dado este xoves, "Galicia terá novos orzamentos en 2020 porque nos comprometemos cos galegos", a pesar das "cambadelas" postas polo Goberno central, sinalou. 

Iso si, a previsión de crecemento económico modérase. Non en balde, a Xunta, "por prudencia", ante a "inestabilidade" do escenario estatal e debido ao comportamento do sector exterior, actualizou a previsión de crecemento do PIB para este 2019 á baixa –do 2,5% previsto inicialmente ao 2%–. Para 2019, a previsión é que a economía galega creza un 1,9%. No entanto, mantense o crecemento "sostido" dos últimos seis anos. 

A Xunta aproba un teito de gasto de 10.160 millóns e rebaixa o...
Comentarios