viernes. 22.10.2021 |
El tiempo
viernes. 22.10.2021
El tiempo

A Xunta atendeu 82 denuncias de publicidade sexista desde 2014

Dez delas en foron atendidas no que vai de 2018, a maioría relacionada con contidos con connotacións sexuais

A comisión asesora de publicidade non sexista atendeu un total de 82 denuncias desde a súa constitución en novembro de 2014. En 2017, esta cifra ascendeu a 21, mentres que, no que vai de 2018, xa atendeu dez.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, así o indicou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, nunha resposta parlamentaria na que precisou que a maioría das denuncias estaban relacionadas con carteis e anuncios con connotacións sexistas.

A comisión, dependente do Observatorio Galego de Violencia de Xénero, ten o obxectivo de erradicar estas mensaxes publicitarias e promover a implantación de accións que eliminen a discriminación por razóns de sexo.

Entre outras funcións, este órgano canaliza as denuncias recibidas nesta materia, de modo que cando se recibe unha queixa, analiza o contido do anuncio en relación á normativa vixente.

Así, tal e como indicou a Xunta, se a comisión conclúe que se presenta ás mulleres de forma vejatoria, realiza os contactos necesarios para a retirada do anuncio e dá criterios alternativos para eliminar o sexismo da mensaxe. Se a publicidade non é do ámbito autonómico, a denuncia remítese ao órgano estatal competente. 

A Xunta atendeu 82 denuncias de publicidade sexista desde 2014
Comentarios