A Xunta avoga por facer batidas de xabarís para evitar perdas en época de sementa

A intención é controlar a poboación do animal
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou este mércores a intención da Xunta “de redobrar” os esforzos para controlar a poboación de xabaril e, en consecuencia, paliar os posibles danos que ocasione esta especie silvestre na época de sementar.

Para iso, Vázquez pediu aos catro xefes territoriais da Consellería, cos que mantivo unha reunión, que tramiten as accións de caza que demande o colectivo de cazadores, co fin de que esta medida reduza a presenza deste tipo de animais.

Así, as Xefaturas territoriais manterán un contacto fluído e directo cos tecores galegos para determinar a idoneidade de organizar accións de caza controlada e actuar con rapidez.

Ao mesmo tempo, tamén lles solicitou que informen a agricultores e gandeiros da necesidade de que trasladen -a través do 012- todos os incidentes que se rexistren nas súas instalacións ou propiedades, coa finalidade de que se poidan tramitar e organizar accións de caza para evitar maiores danos e sobre todo para solicitar posibles axudas que compensen os danos ocasionados polo xabaril, agora que comeza a época de sementa.

A conselleira de Medio Ambiente remarcou que esta especie silvestre foi gañando terreo e confianza durante este período de confinamento, na que a ausencia de actividade permitiu a estes animais achegarse ás zonas poboadas.

Comentarios