jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

A Xunta destina 5 millóns de euros a axudar a 261 pymes na súa internacionalización

Neste programa participan compañías de diferentes sectores, tales como a alimentación, as TIC, o téxtil, os servizos, a madeira-moble, a maquinaria, o naval ou a construción

A Consellería de Economía, Emprego e Industria anunciou que concederá axudas a 261 pequenas e medianas empresas (pemes) para a súa internacionalización no marco do programa Galicia Exporta Empresas. Este ano, o departamento que dirixe Francisco Conde explicou que dedicará 900.000 euros máis que na convocatoria anterior, o que permitirá beneficiar a un 49% máis de pemes que o pasado curso.

Neste programa participan empresas de diferentes sectores, tales como a alimentación, as TIC, o téxtil, os servizos, a madeira-moble, a maquinaria, o naval ou a construción. Segundo informou a Consellería, as axudas cobren o 70% dos custos e o tope máximo é de 70.000 euros por solicitude e compañía.

En concreto, desenvolveranse accións en 97 mercados de todo o planeta. Entre elas destacan a creación de tendas online, a participación en feiras e eventos internacionais e a planificación de axendas de reunión. Algúns dos mercados de destino son China, Xapón, Estados Unidos, Brasil, Arxentina, México, Colombia Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Rusia, Marrocos ou Australia, ademais de países do contexto europeo.

PROGRAMA COMPLEMENTARIO. A Consellería de Economía lembrou que o programa Galicia Exporta Empresas é complementario co de Galicia Exporta Organismos Intermedios, polo que clústeres e asociacións "realizan accións agrupadas de promoción exterior". Neste caso, os apoios cobren un 90% do custo e poden chegar até os 150.000 euros. En xullo aprobouse unha resolución de axudas por valor de 1,5 millóns de euros a 34 iniciativas. De modo directo beneficiáronse 206 empresas, segundo os datos facilitados polo departamento autonómico.

O obxectivo de ambos os programas, enmarcados na Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, é "facilitar a internacionalización das pemes e favorecer a cooperación e as sinerxías entre varias compañías", ademais de conseguir que "as exportacións sexan un motor de emprego e crecemento empresarial".

TERCEIRA COMUNIDADE EN CRECEMENTO. De acordo cos datos da consellería, as vendas ao exterior de Galicia creceron no primeiros oito meses do ano un 9,5%, máis do dobre que na media estatal, cun 4,2%.

Estes datos sitúan a Galicia en terceiro lugar no ránking nacional como a terceira comunidade con máis crecemento. Neste período o superávit foi de 2.695 millóns de euros. "Galicia atópase así no seu mellor ciclo exportador" despois superar en 2017 a barreira dos 21.000 millóns euros.

A Xunta destina 5 millóns de euros a axudar a 261 pymes na súa...
Comentarios