
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves, tras a reunión do Consello da Xunta, que Galicia levará a cabo cribados semanais das residencias sociosanitarias.
Para iso, ademais de incrementar a frecuencia de realización de probas PCR, estas complementaranse con tests de antígenos para reforzar a capacidade diagnóstica.
O presidente remarcou que esta medida é "un dos obxectivos fundamentais" da adquisición de 3 millóns de tests de antíxenos xa anunciada e anticipou que se vai a implantar un plan de choque nas residencias sociosanitarias.
O contido deste plan -do que non deu máis detalles- será concretado este venres polos conselleiros de Sanidade, Julio García Comesaña, e Política Social, Fabiola García.
"As residencias de maiores son unha das nosas maiores preocupacións e imos seguir apostando pola detección precoz", concluíu Feijóo, tras recordar que Galicia foi "a primeira comunidade autónoma que implantou cribados quincenais".