A Xunta anuncia oposicións para a Administración Xeral no primeiro semestre de 2020

Cubriranse 1.161 prazas en diversas categorías
Participantes en unas oposiciones de enfermaría en Silleda. PATRICIA FIGUEIRAS
photo_camera Opositores en Silleda. PATRICIA FIGUEIRAS

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou que esta semana remitirá aos sindicatos as convocatorias para cubrir 1.161 prazas en diversas categorías da Administración Xeral, unhas oposicións "moi esperadas" cuxos exames terán lugar no primeiro semestre de 2020. 

Na súa comparecencia parlamentaria para informar as contas da Xunta de 2020, Valeriano Martínez sinalou que estas oposicións están enfocadas tanto para "estabilizar" postos de interinos como para o acceso ao emprego de mozos. 

A repartición das 1.161 prazas é o seguinte: 239 son para o corpo superior A1; 222, do corpo de xestión; 291, do corpo administrativo C1; e 409 son de auxiliar administrativo C2. 

A estas súmanse as 591 prazas de emprego social -asistentes sociais e educadores, entre outros-- xa anunciadas en setembro, que se convocarán "en próximos días".

Comentarios