Hai dous anos e medio, o programa de televisión Land Rober mostrou o parecido máis que razoable entre dúas figuras públicas galegas: o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o actor Luís Zahera.
A recente distinción ao intérprete compostelán, que este sábado recibiu o premio Goya a mellor actor de repartición polo seu papel en El Reino, volve traer á actualidade o curioso parecido entre ambos.
Ata o propio Feijóo fixo alusión ao parecido nun tuit no que felicitou ao actor.
👏👏Enhorabuena a nuestro paisano @LuisZahera (en la foto, a la izquierda) por su @PremiosGoya a mejor actor de reparto! #Goya2019 pic.twitter.com/ui8z3oS5ib
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) 2 de febrero de 2019
No outono de 2016, Roberto Vilar fixo coincidir no mesmo estudio a Zahera e Feijóo. "Sempre me din que nos parecemos moito", chegou a dicirlle o actor ao político, que recoñeceu que non o coñecía.
Zahera comentoulle que sempre interpreta papeis de "chungo". "Igual que eu", declarou o xefe do Executivo galego.