miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

'Land Rober' desvela quen acompañará a Gayoso nas badaladas de Fin de Ano

Lucía Regueiro e Rodrigo Vázquez, este xoves no 'Land Rober'. TVG
Roberto Vilar. TVG

O presentador de 'Luar' acudiu este xoves ao programa de Roberto Vilar

No que ía ser un man a man entre dous dos presentadores máis queridos da TVG, saltou a sorpresa. Roberto Vilar recibiu este xoves en Land Rober a Xosé Ramón Gayoso, que participou nos distintos sketchs e situacións do programa facendo gala da súa xa coñecida simpatía e bo humor.

O que non agardaban os espectadores do programa era coñecer, en directo e en exclusiva, o nome das persoas que darán as badaladas de Fin de Ano, con Gayoso como mestre de cerimonias, como non podía ser doutro xeito. A actriz Lucía Regueiro, protagonista da serie Serramoura, e o xornalista Rodrigo Vázquez, á fronte do concurso Ti Verás, tomarán este ano as uvas cos espectadores galegos.

Xa sabemos quen acompañará a Gayoso nas badaladas de fin de ano! Serán @Lucia_Regueiro e @_rodrigovazquez! ❤️🔔 #LandRober107 pic.twitter.com/ClhxHeTlUG

— TVG (@TVGalicia) 7 de diciembre de 2017

'Land Rober' desvela quen acompañará a Gayoso nas badaladas de Fin...
Comentarios