A exmodelo estadounidense, Brittney Lewis, acusou ao mago David Copperfield de habela drogado e violado cando era menor de idade, en concreto cando a moza tiña 17 anos.
Os feitos ocorreron despois dun espectáculo de maxia en 1988, e segundo o relato da muller foi nun concurso de beleza na que o mago exercía como xurado. Tras o evento, ambos intercambiaron teléfonos, e posteriormente convidou a modelo a un espectáculo esotérico.
Todo transcorría "moi ben" segundo o relato da vítima, aínda que unha das noites atopouse a soas con Copperfield na súa habitación do hotel. A continuación o mago vertió algo na súa copa e deulla de beber, a partir de aí entrou nun estado de semiconsciencia e foi cando o autor dos feitos abusou dela.
Aínda que o delito xa prescribiu, o aterrador relato continúa. "Recordo que me quitou a roupa e empezou a bicarme. Afundiu a súa cara no meu corpo e cando empezou a baixar me desmayé por completo, relata o medio The Wrap.