A presentadora ausentouse do programa sálvame debido a unha caída
A comentarista do corazón María Patiño sufriu este xoves un accidente de bicicleta que lle impediu asistir ao programa Sálvame.
A presentadora colgaba no seu perfil de Instagram unhas fotografías con filtros animados das consecuencias do seu accidente —unha caída, ao parecer—. Nas instantáneas pódese ver a Patiño cun apósito na cella.