A poucos días da estrea dunha das grandes novidades televisivas da tempada, vanse coñecendo detalles do reality La Voz que desembarca o 7 e 8 de xaneiro de 2019 en Antena 3 tras varias tempadas en Telecinco.
Este xoves coñeceuse que a eumesa Miriam Rodríguez será asesora dun dos coaches do programa, Pablo López, co cal comparte unha canción, ¡No!.
Segundo adiantou o portal FormulaTV, a ex-triunfita acompañará a outro ex-triunfito no programa. Polo tanto Miriam pasará en menos dun ano de ser xulgada en OT a xulgar en La Voz.