"Eu coñecín a Harvey Weinstein e víase que era un tiburonaco", así o manifestou a actriz Rossy de Palma, quen afirmou tamén que respecta ás actrices estadounidenses que están detrás do movemento Time' s Up (acabouse o tempo), así como á francesa Catherine Deneuve.
Así o declarou De Palma durante o acto de presentación do programa cultural da embaixada de Francia en España, onde exerceu como madriña.
A actriz mallorquina dixo que "cando as cousas están moi quntes" ela prefire "quedar detrás" xa que non lle gusta unirse a grupos. Aínda así, manifestou o seu respecto ás actrices estadounidenses que están a denunciar casos de abusos, como o do produtor Harvey Weinstein.
Pero tamén recoñeceu a liberdade de Catherine Deneuve ao mostrar o seu apoio ao polémico texto que defendía "a liberdade dos homes a importunar", un manifesto que, en palabras de Deneuve, era unha defensa ao dereito ao flirteo e á galantearía e contra "o puritanismo" das feministas. "Se nos quitamos o mundo da sedución que nos queda", matizou a intérprete española.
"Eu non son moito de manifestarme, son máis de tomar os dereitos antes de pedilos, son máis dunha ousadía natural e cotiá na miña vida e en todo o que dixen, ata podo sentirme ser humano que muller e empatizar cun home e unha muller indistintamente", afirmou.
De Palma dixo non sentirse representada por mulleres como a chanceler alemá, Angela Merkel, a quen ve como un "home con saias" que para "chegar aí tivo que ser moi forte e demostrar que pode ser como eles".
"O feminismo quedóuseme pequeno como palabra, eu agora falo de soloridade, que é a solidariedade entre mulleres, que é o que máis me interesa para empoderarnos entre nós, porque non quero estar sempre na contraposición da muller contra o home. Non me interesa iso", engadiu.
Para a actriz, as mulleres xa se "miraron moito no espello do home para todo" e agora o que ten que facer é "unha introspección". "É máis un traballo interno de descubrir quen somos porque non nos coñecemos tanto como cremos", concluíu.
Rossy de Palma: "Coñecín a Harvey Weinstein e víase que era un 'tiburonaco'"
A mallorquina respeta ás actrices estadounidenses detrás do movemento Time's Up e tamén á francesa Catherine Deneuve. "Se nos quitamos o mundo da seducción que nos queda"
