
Un home duns 42 anos de orixe galega, Luis Alberto Fornos Mozas, faleceu este mércores tras recibir varios disparos en Zapopan, no Estado de Jalisco (México).
En concreto, a morte deste home, cuxo pai residía en Beariz (Ourense) desde hai varios meses, tivo lugar no exterior do Hotel Puerta del Sol, segundo detallou en declaracións a Europa Press o rexedor da localidade galega, Manuel Prado.
Este home residía desde hai tempo en México, onde, xunto a varios socios, rexía o establecemento xunto o que recibiu os disparos que causaron o seu falecemento. Fornos estudiara Xornalismo en Santiago.
Medios locais apuntaron que un home vestido con roupa escura disparou a este home cando se dirixía á súa camioneta e, posteriormente, abandonou o lugar. Ademais, detallaron que xa recibira ameazas con anterioridade.