sábado. 30.05.2020 |
El tiempo
sábado. 30.05.2020
El tiempo

Italia supera os 24.000 mortos mentres reduce por primeira vez os casos activos

Test de coronavirus nun laboratorio italiano. EFE
Test de coronavirus nun laboratorio italiano. EFE

Italia rexistrou no inicio desta semana por primeira vez desde que comezou a pandemia de coronavirus un descenso con respecto ao día anterior no número de casos positivos activos do virus, mentres a cifra de contaxios acumulada supera xa os 180.000, atendendo aos datos ofrecidos este luns polo xefe de Protección Civil, Angelo Borrelli.

Hai actualmente no país 108.237 casos positivos activos, 20 menos que na véspera. En total, Italia suma xa 181.228 afectados polo novo coronavirus, que supoñen un aumento de 2.256 en relación aos datos coñecidos ao domingo. O repunte é así de case mil casos menos que o que se rexistrou nesa xornada, o que confirma a tendencia á baixa.

Con todo, o país contabilizou outros 454 falecidos en 24 horas, polo que son xa 24.114 as persoas que morreron pola enfermidade.

Seguen diminuíndo, mentres, os ingresados en centros sanitarios. Así, hai 2.537 persoas na Uci, 62 menos, mentres que os hospitalizados son 24.906, 127 menos. O 75 por cento dos casos positivos, 80.758, están nas súas casas asintómaticos ou con síntomas leves.

Ademais, outras 1.822 persoas superaron a enfermidade, o que eleva a 48.877 os pacientes que se curaron ata o momento. Segundo Borrelli, case o 90 por cento deles no último mes.

Italia supera os 24.000 mortos mentres reduce por primeira vez os...
Comentarios