Maradona aparece bailando no peche de campaña de Maduro

O futbolista reafirmou a súa simpatía polo goberno chavista e o mandatario de quen se declarou "un soldado"

Maradona, en el cierre de campaña de Maduro. EP
photo_camera Maradona, en el cierre de campaña de Maduro. EP

O exfutbolista arxentino Diego Armando Maradona apareceu este xoves en Caracas, animando o peche de campaña do presidente venezolano e candidato á reelección, Nicolás Maduro, reafirmando a súa simpatía polo goberno chavista e o mandatario de quen se declarou "un soldado".

O campión do mundo con Arxentina no Mundial de México 1986 foi o centro de atención no show da tarima na que Maduro pechou a campaña electoral, e onde Maradona saíu ondeando unha bandeira venezolana, axitando os ombreiros e saltando dun lado a outro, causando a euforia da multitude reunida para o acto.

Maradona forma parte dun séquito de artistas e personaxes de certo recoñecemento público que visitan Venezuela con frecuencia para expresar o seu respaldo ao goberno chavista, e que fixeron o mesmo en 2013 cando o líder venezolano se presentou por primeira vez á Presidencia.

#15MinutosVídeos: El exfutbolista Diego Armando #Maradona, hizo presencia en el cierre de campaña del presidente y candidato presidencial, Nicolás #Maduro, con un baile muy particular.
Esto y mucho más, siempre y cada 15minutos ⌚ pic.twitter.com/oAdYOa6YzM

— 15minutos (@15minutosnews) 17 de maio de 2018

O astro do fútbol arxentino tatuouse hai tempo a icónica imaxe do seu compatriota e un dos líderes da revolución cubana Ernesto Ché Guevara e visitou varias veces ao que foi durante varias décadas presidente da illa, Fidel Castro.

O xefe de Estado venezolano espera ser reelixido nun dos seus momentos máis impopulares, con friccións coa comunidade internacional, e sinalado de ser o responsable da peor crise económica e social da historia da nación petroleira.

Nos comicios que se celebrarán o vindeiro domingo, 20 de maio, Maduro medirase contra o opositor Henri Falcón, un chavista disidente que se apartou da decisión da MUD de non participar e inscribiu a súa candidatura; o expastor evanxélico Javier Bertucci e o enxeñeiro Reinaldo Quijada.

Comentarios