34 años celebrando la Fiesta del Queso de Arzúa

Feira do Queixo de Arzúa (Foto de arquivo: EPL)
photo_camera Feira do Queixo de Arzúa (Foto de arquivo: EPL)

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 34 anos. Durante os próximos 13, 14 e 15 de marzo, o queixo Arzúa-Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975. O evento, que adopta un valor engadido desde a perspectiva cultural, económica, formativa e de lecer, irá acompañado dunha intensa programación de actividades artísticas e culturais.

Vetusta Morla, nominados aos Premios da Música en tres categorías diferentes, ofrecerán un concerto exclusivo en Arzúa antes de arrancar a súa xira por toda España.

Será unha oportunidade única para poder gozar do directo desta banda revelación que está a recibir numerosos premios, entre os que destacan Mellor Proposta Musical que outorga TVE Miradas 2, segundo mellor álbum Top’08 de MTV ou Mellor Grupo Revelación Nacional de EP3. O seu álbum debut, 'Un día en el mundo', está considerado pola crítica especializada como o Mellor Disco Español do ano.

Queixo Maquetón e máis notas musicais
O 1º Concuso de Maquetas Queixo Maquetón, un proxecto sólido e estable á procura de novas formacións musicais. O concurso de maquetas céntrase nas modalidades de pop rock e novas tendencias, convocando a formacións de todo o país.

A actuación dos tres grupos finalistas será o 14 de marzo. O cartel musical do sábado rematará de madrugada co gañador que se elixa ao longo da tarde.

Unha das propostas máis interesantes do programa atopámola en Le Punk, coa presentación en Arzúa, e, por primeira vez en Galicia, do seu novo álbum 'Mátame', un explosivo cóctel que mestura sons que van do tango ao blues, pasando polo folclore balcánico. Coneste disco téñense situado na lista AFIVE dos discos máis vendidos.

Uxía presentará no Festival do Queixo o seu novo disco, 'Eterno Navegar', despois de coñecerse a noticia da súa nominación aos Premios da Música, na categoría de mellor tema en galego.

Comentarios