As temperaturas experimentarán un moderado ascenso
A proximidade dun centro de baixas presións situado ao noroeste de Galicia deixará un domingo de ceos parcialmente anubrados, pero en xeral sen precipitacións e con apertura intermitente de claros.
Segundo a información de Meteogalicia, as temperaturas experimentarán un moderado ascenso, despois das baixas mínimas que se rexistraron nos pasados días para a época.
Pola súa banda, o vento soprará moderado de compoñente sur, sendo forte na fachada atlántica.
No resto de España, o ceo estará pouco nubrado ou despexado e as temperaturas tamén aumentarán de forma xeneralizada.