Abril lanza unha nova campaña con monumentos galegos como tema principal

A empresa ourensana de aceites comeza esta promoción na que os protagonistas son trece dos seus traballadores e Galicia

Diversos monumentos e localizacións, entre eles a Muralla de Lugo, e trece traballadores de Aceites Abril son os novos protagonistas da campaña que lanzou a empresa ourensá.

Campaña de Aceites Abril. EP

A compañía conta que Silvia, Bruno, Miguel, Lara, Cristina, Fátima, Alberto, Javier, María José, Isabel, Alfonso, Marta e Miguel pretenden expresar o "próximo e natural que é Aceites Abril".

Promoción de Aceites Abril

Ademais da mencionada Muralla de Lugo, tamén as Illas Cíes, a Torre de Hércules ou a Catedral de Santiago, entre outros, forman parte da promoción. A empresa asegura nun comunicado que "Aceites Abril é de Galicia e vívese en Galicia".

Comentarios