miércoles. 22.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 22.09.2021
El tiempo

Ánxeles Cuña: ''Aborrezo as froitas lindas que non saben a nada e a cocacola, pois sempre a vín como bebida imperialista''

A directora da compañía teatral "Sarabela", fundada en Ourense como experiencia escolar e transformada en profesional fai máis de 20 anos, aprende cociña nas receitas de Cunqueiro, da sua nai, da avoa Amalia e considera a amigos e amores como pratos integrantes do menú ideal no que engade, como sobremesa, a tarta dos ausentes. Ven de chegar do III Festival de Teatro Lusófono (Festluso) na cidade de Teresina, capital do estado brasileiro de Piauí, onde foi ponente.


                                                
 
Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: Me encantan os arroces e ensaladas feitos na casa, fundamentalmente con receita de avoa. Non me gustan nada as cousas que levan xelatinas como os embutidos, o xamón cocido e outros dese tipo.

P
: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: O que máis me gusta beber é a auga como elixir de eterna xuventude e os viños tintos, dende mencías até Riojas. Tamén me gusta o licor café pero non podo tomalo. Non pido nunca bebidas tipo "fanta" ou "cocacola" pois dende pequena teño a asociación de ideas "cada cocacola un disparo imperialista", enton considéroas bebidas imperialistas e nin as probo.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Son larpeira e facer postres dáseme ben, por exemplo o "mousse" de chocolate é do que máis me gusta e as tartas que facía a miña avoa Amalia Álvarez. Tamén nos facía magdalenas con nata de leite auténtico de vaca e eran tan únicas como a famosa magdalena que desencadea todas as lembranzas en "En busca del tiempo perdido" de Marcel Proust.

P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?

R: Pídenme moito a paella porque teño mao con ela. Fágoa con peixe e verduras.  Gustame a cociña porque é creativa e iso que eu son receteira, vamos, que teño receitas de Álvaro Cunqueiro e os amigos me regalan libros de cociña. Tamén fago moi rico o pastel de cabracho.

P: Algún segredo para sacar o mellor partido de algunha receita?

R
: Penso que é imprescindible utilizar os productos de cada tempada porque creo que coincide co que precisamos nós en cada momento, e agora é tempo de cogumelos e sempre, si é posible, hai que ter ovos de galiña feliz. Son partidaria de cambiar 4 cousiñas na cociña ó longo do ano para facer esa adaptación estacional e ter sempre froita de cada momento e as mazás mellor con verme, porque indica que non están tratadas. Aborrezo as froitas lindas que non saben a nada a pesares de que cando era pequena, me decían que comía ca vista.

P: É de xantar compreto ou de tapeo?

R: Encántanme potaxes, lentellas e se poidera ser de primeiro, segundo e terceiro pratos. Tamén os postres, a leituga con tomate, os pementos que me lembran a Susiño (Suso Díaz, integrante de Sarabela que finou este ano) porque cando tiña 14 anos montou unha asociación de Pemento Verde, con rapaces moi creativos e cando vivín con él uns meses, vin a sua creatividade ó probar os seus "espaguetti con galletas".
Se quedo con amigos tampouco son de tapeo pois prefiro estar con eles na casa ou si é fora, sentar e petiscar pero pouco.

P: Se considera clásica ou innovadora en materia de comida?

R: Me gusta a cociña creativa pero ó mesmo tempo son de bó dente así que me inclino polos pratos de cociña lenta e tradicional. Como comensal, como dixen, son moi agradecida e vaime todo.

P: Máis de carne ou de peixe?

R: Carne como cada vez menos. Teño moitos e queridos amigos vexetarianos i eu non o son pero podería selo. Esto é algo que sempre me crea conflicto.
Entre os peixes o que me gusta é a "robalisa" de Carnota.

P: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, baixo presión?

R
: Eu sinto que en mín hai asociación emocional co que me pide o corpo e que me pide o que necesita en cada momento así que o chocolate, no meu caso, ten moito que ver ca enerxía, sei que é excitante pero tamén antioxidante e non me pasa só a mín, pois lembro que en Bélxica había colas nas pastelarías para mercar bombóns, e a mín tamén me gustan. Algo que fago sempre que podo é tomar, antes de deitarme, miña taza de "kéfir" con froitas variadas, tamén plátano, e canela.

P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R
: En Atenas, no restaurante "Ideal" tomei "dolmades" que é arroz envolto en folla de parra e estaba riquísimo. Eu non sabía que a folla de parra non se comía e comína igual (risas). Tamén foi un descubrimento o auténtico "pan tumaca", feito con tomates non tranxénicos.

P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R: Non lembro ningún, seguramente non houbo.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas?

R: Teño pendente ir a un restaurante de Penalba (Nogueira de Ramuín) a poucos kilómetros da cidade de Ourense onde un cociñeiro francés ten "O remanso dos patos" e de aí me dixeron que ten un menú excelente, a pesares de que inclúe paté que é un prato que non podo tomar porque penso en como alimentan ós patos para que lles medrre o fígado. Me parece unha crueldade.

P: ¿Quén ou qué cosa está para comela?

R: Para comelos están, de primeiro prato, os amores, de segundo os amigos "sarabelinos" e de postre os ausentes Suso, Begoña (outra integrante de "Sarabela" finada este ano) e Xeliña, miña nai. Eles son unha tarta xigantesca e saborosa con raíz e ponlas rotundas. Todo é para comer de memoria, porque tamén hai que comer da memoria.

P
: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R
: Calqueira persoa violenta, intransixente, tendo en conta, como decían nunha obra de teatro do Fito (Festival Internacional de Teatro de Ourense, en outubro), que o exilio chega cando sacamos os coitelos e empezamos a matar ós que queremos.

P: Pensa que somos o que comemos?

R
: Creo que sí, bastante. Ten moita relación sobre todo pensando en que necesitas bós hábitos e dietas equilibradas, e cando esto se desequilibra ocorre o mesmo co noso organismo. Cando comes o que necesitas, nin máis nin menos, o corpo agradéceo e se encontra en mellor estado anímico. Se comes as carreiras e sen equilibrar o corpo pasa factura sempre.
Asocio comida e saúde aínda que non hai conciencia de esto e hai xente que se pega enchentas e logo dietas brutais para compensar, pero esto é unha autoagresión.
Tamén se pode falar eiquí das xentes con carencias, e venme a cabeza o libro "El pan de los años mozos" de Heinrich Böll no que o pan é considerado como algo sagrado e o protagonista o leva no peto aínda que non o precise, só para non esquecer que media Humanidade no o tén.
Esto en Ourense é fundamental telo en conta porque encima temos un pan delicioso e especial. Hai que ter máis conciencia de celebrar as festas sempre co mellor pero sen esquecer o bico e o pan.

P: Que lle suxire o que se dí de que pola boca morre o peixe?

R: Pois veñenme varias cousas como que o que moito fala, moito erra, tamén aquelo de que o segredo de ser aburrido é decilo todo e tamén que hai xente que fala por falar e a mín non me gusta esa gratuidade, pero tamén hai persoas elocuentes e brilantes que falan moi ben. En definitiva, gustanme os peixes ceibos e non os cebos nin os cazadores.

Ánxeles Cuña: ''Aborrezo as froitas lindas que non saben a nada e a...
Comentarios