miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

A borrasca Karim dará unha tregua a partir do mediodía do sábado

Dos personas se protegen de la lluvia. BIEL ALIÑO
Dos personas se protegen de la lluvia. BIEL ALIÑO

Unha fronte moi activa asociado á borrasca Karim afectará a Galicia durante a primeira metade do día e deixará choivas que serán persistentes e localmente fortes sobre todo nas provincias atlánticas, onde ocasionalmente estarán acompañadas de aparello eléctrico.

Este venres xa deixou ventos de máis de 100 km/h en Vimianzo (135 km/h), Punta Candieira, en Cedeira (122,4 km/h); Penedo do Galo, en Viveiro (116,2 km/h); Río do Sol, en Coristanco (111,4 km/h); e Punta Langosteira, en Arteixo (110 km/h). 

As precipitacións faranse máis intermitentes este sábado e diminuirán en intensidade a partir do mediodía.

As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos.

O vento soprará do sur forte con refachos moi fortes no litoral e zonas altas ata o mediodía. 

ALERTA LARANXA. A Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias do Ministerio do Interior, de acordo coas predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), mantén a alerta por ventos fortes no norte peninsular e choivas intensas en Galicia durante o fin de semana. 

En terra, os refachos de vento poden alcanzar os 100 quilómetros por hora (km/h) en Galicia, área Cantábrica e amplas zonas de Castela e León. Tamén se espera forte temporal marítimo nas costas de Galicia, con ondas que poden alcanzar os 7 metros de altura. 

Doutra banda, mantéñense as intensas choivas en diversas zonas de Galicia, onde se poden acumular 80 litros por metro cadrado (l/m 2) en 24 hors. 

Por todo iso, ante os fortes ventos, Protección Civil pide asegurar portas, fiestras e todos aqueles obxectos que poidan caer á vía pública e afastarse de cornixas, árbores, muros ou edificacións en construción ou guindastres que poidan desprenderse.

Tamén, convén absterse de subir ás estadas sen as adecuadas medidas de protección. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades
A Coruña 13º/15, Ferrol 13º/15º, Lugo 10º/14º; Ourense 10º/15º; Pontevedra 13º/15º; Santiago 11º/13º; Vigo 14º/15º

A borrasca Karim dará unha tregua a partir do mediodía do sábado
Comentarios