Carlos Reigosa:''Saín de moitos actos de cóctel e petisco con gañas de chegar a casa para facer un bocadillo de xamón ou abrir unha lata''

O escritor natural da Pastoriza (Lugo) estivo en Ourense como ponente sobre a novela histórica e falou da sua predilecion por pratos caseiros fora da casa e do seu paso pola cociña, na que se defende pero non con potas e tixolas, senon cas latas de conservas, ámbito no que algún amigo lle recoñece que é único no mundo pola sua habilidade para abrilas.
Autor de libros como "Crime en Compostela" (1984), "Pepa a Loba" (2006) ou "A vida do outro" (2008), recibiu premios como o Torrente Ballester, o Premio Xerais e outros, e está a punto de ver nas librarías a reedición actualizada de "Agonía do León" sobre a viaxe vital, a través da relación  con persoas e paisaxes, do "maquis" Manuel Girón Bazán, fuxido por terras do Bierzo leonés e das serras da provincia de Ourense.

                                               
Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta
: Si son sinceiro, o que máis me gusta de primeiro son as lentellas con chourizo e me da unha satisfación enorme ver que tras 15 anos de destar desaparecidas nos grandes restaurantes, agora voltan ós menús. Durante moito tempo houbo que ir á tasquiña da esquina pero agora xa as temos nos restaurantes. De segundo prato prefiro a carne de toda a vida, un bó filete de xato en Meira aínda que teño debilidade pola pescada do pincho, e sempre a pido cando vou a miña casa en Foz (Lugo).
Do que non como, só lembro o tomate crú pois por desgracia me provoca unha reación moi forte e desagradable, pero non o como por esa reación, non porque non mo pida a boca. Do resto, como de todo.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R
: Tamén discrimino por un problema xa que as bebidas frías en xeral me producen afonía duradeira así que elimino do meu gusto todas as bebidas frías e só bebo auga mineral, té enlatado do tempo e ademáis estou na fase de tomar güisqui sen xeo pero só a mediodía, xa que lle estou collendo o gusto pero se o tomo pola noite non me deixa dormir.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Neste tema evolucionei moito. Agora ando polo tiramisú e con ansia febril polas mazás. Fai dous anos, era outra cousa, e pedía xeado de tres chocolates, que o hai en todas partes e levaba así dez anos.
Agora cando vou mercar as mazás collo sempre as máis caras porque asocio o custe coa calidade, e en doce pido tiramisú casi como descanso de dez anos de chocolate.

P: Na cocina,¿que prato se lle da mellor?

R: Nunca paso pola cociña. E unha vez alí, son experto en abrir latas até o punto de que non me cae nin gota do aceite pois controlo a lata perfectamente. Miña habilidade chama a atención do meu amigo Vidal Maté que di: "o de Reigosa ten ciencia", porque son capaz de estar falando con él e suxeitar na mao esquerda unha lata mentres a abro ca dereita e sen perder nada.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: A mediodía son de primeiro e segundo prato e máis postre e café. As ceas son só de caprichos que me podo permitir entre as cinco cousas que hai na casa e nas que me defendo se hai que preparalas. O do tapeo tamén o fago en casa pois son máis de apalancarme con amigos con copa e auga mineral e durante horas, con unha conversa interesante, así que as tapas son o de menos.
Nese sentido, lembro centos de actos con cócteles e petiscos nos que eu marcho sen tomar máis que unha bebida con gañas de chegar a casa e decidir se me fago un bocata de xamón ou abro unha lata de bonito.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: En plan comensal fun un clásico que recibe con agrado as innovacións así que vou de clásico que acepta novedades, sobre todo si estou nun restaurante de confianza. En Madrid teño una lista de 60 así, dos que algúns xa son de amigos, así que non me atrevo a dar o nome de ningún. só vou falar da Casa Solla en Galicia, á que fai un ano que non vou e xa teño ganas porque aí probo cousas novas sen problema.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?

R: Cando aínda tomaba os postres de chocolate, precisaba engadirlle unha tableta de chocolate para o momento de relax posterior a comida. Para mín comer é como respirar no sentido de que non o racionalizo senon que é inconsciente. Si entro nun lugar que coñezo xa pido directamente o que coñezo, pero o feito racional da comida termina aí para mín.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R: Non é recente pero sí foi un descubrimento importante o do rodaballo, fai 20 anos, e logo pasei cinco anos comendo ese peixe, até o punto de que en Madrid o restaurante Gala non o tiña na carta e como era algo así como o meu segundo despacho, dixenlle que non podía ir porque non tiña rodaballo, así que acabou por facelo. Antes do rodaballo eu era de pescada e agora voltei a ela. Tamén a fan en poucos sitios como a mín me gusta, que é "á galega" y tamén teño problemas nos restaurantes.

P
: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R: Creo que conozco pratos suficientes para o resto da miña vida e cando viaxo polo mundo sempre pregunto polos restaurantes europeos, así que non se me ocurre nada.

P
: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R: A miña familia.

P
: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Os imbéciles i escuros, tal como di o himno galego, porque abusan do noso tempo con unha tenacidade digna de un destino mellor.
 
P
: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: Non. Somos moitas máis cousas, por exemplo: somos o que os demáis queren que sexamos e cada ún de nós ten unha lóxica deformación do que é.

Comentarios