Ceos despexados este venres con frío e xeadas

Nos vales do interior, as néboas serán persistentes

Un pregrino cerca de Portomarín.LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Frío con ceos despexados. LAVANDEIRA JR. (EFE)

As altas presións continuarán este venres máis estacionarias ao norte da península Ibérica, illándose das borrascas atlánticas e impedindo tamén que se achegue a masa de aire frío que estará no norte e leste de Europa.

Deste xeito espérase en Galicia unha nova xornada de ceo despexado, excepto nos vales do interior onde as néboas serán localmente persistentes.

As temperaturas contrastarán fortemente, con frío e xeadas ao principio e valores máis suaves nas primeiras horas da tarde. Os ventos soprarán frouxos do leste.

Comentarios