O aire frío persiste sobre Galicia
Este domingo persiste o aire frío sobre Galicia deixando moita inestabilidade. Polo tanto, esperamos un día de ceos parcialmente anubrados con probabilidade de choiva en calquera punto.
A cota de neve situarase en torno aos 1000 metros.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso. Estas son as mínimas e máximas previstas para as principais cidades:
A Coruña 7°/13°; Ferrol 5°/15°; Lugo 2°/13°; Ourense 6°/15°; Pontevedra 7°/ 14°; Santiago de Compostela 4°/13°; Vigo 7°/14°.