domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

Cristina Pato:''Fago 40 kilometros semanais até Newark para conseguir a cachucha, chourizos e grelos que como sempre que podo''

Pato é natural de Ourense e fará 30 anos este mes, no día da sua última actuación de verao da xira estadounidense "Silk Road Ensemble" co violoncelista Yoyoma, na que ela tocará a gaita nos estados de Illinois, Ohio, Massachussets, Carolina e Wisconsin. Aí rematará con unha actuación na cidade de Madison o día 24 de agosto. Nos próximos meses voltará a Galicia para grabar "Soas" con Rosa Cedrón.

                                                 

Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: Me encantan os grelos, o chourizo de cebola e o ovo cocido con chourizo picante. Aínda que vivo en Nova Iorque fai catro anos, unha vez á semana busco "brócoli rabe" que é moi parecido ós grelos pero menos amargo e máis sabroso e imos a Newark que está a 40 kilómetros porque alí hai una gran colonia de galegos con supermercados propios e consigo así todo o demáis, ppis teñen todo o tradicional da matanza. Tamén me gusta desconxelar polbo para que o meu home, que é o cociñeiro, o prepare "á feira".
E por desgracia non hai nada que non me guste, e até as mollejas me gustan. Aínda as pedín nunha tasca de A Coruña fai uns días e foi un contraste total porque foron a miña cea de madrugada despois de un concerto moi elegante.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: Me encanta a cervexa e necesítoa en cada comida pero sin alcohol, pois non probo as bebidas alcohólicas tras tomar a decisión de ser abstemia.

P
: Ten unha sobremesa favorita? de quen?

R: A miña sobremesa favorita é o queixo con mel ou con marmelo pero tamén a tarta de queixo ó forno que fai a miña irmá Yolanda. Cando eu veño ou hai unha celberación familiar ela chega tres horas antes e fai esa tarta especial.

P
: Qué tal se lle da a cociña?

R: Moi ben, gracias (risas). Estou felizmente casada porque é o meu home Xan o que cociña sempre. Eu non teño paciencia e como soa case sempre, así que vou fora de casa. Saín da casa familiar sendo nova e algo sei, e se teño que cociñar cociño e me gusta pero non teño a paciencia precisa. Cando me poño, que é unha vez ó ano, incorporo cousas novas que descubro nas viaxes como o "curry" que probei en India, e se teño que preparar algo decantome polo cuscus con froitos secos, pastas e ensaladas.
Pero normalmente eu entreteño ós invitados e o que cociña é Xan e encántalle; xa antes de casar, cando eu tiña grabación ou estancias en hoteis de Madrid durante días, él apuntábase a cursos de cociña e sigue facendo sesións con restauradores de Madrid e Barcelona, cando imos.
 
P: Algún segredo culinario aprendido da cociña de Xan?

R
: Descubrín que ó polbo hai que "asustalo" antes de cocelo, e para eso hai que metelo na auga fervendo e sacalo até tres veces antes de tapalo. Aprenderonmo os restauradores José Lloves e Bienvenido Fernández, que son de Celanova e teñen en Nova Iorque o restaurante "Sevilla", no que preparan pratos galegos como polbo, croquetas ou grelos, entre outros. Ademáis son a nosa fonte de información para conseguir o que precisamos na cociña.


P:Se considera clásica ou innovadora en materia de comida?

R: Son un pouco as dúas cousas porque en plan clásico, me pirra a comida tradicional pero tamén a nova cociña.

P:Habitual de comidas completas con varios pratos e sobremesa ou do tapeo?

R: Pois non son de tapeo porque non me gusta comer de pé, e para ir de pinchos hai que facelo, e tampouco me gusta falar mentres como. De feito se teño unha comida social ou de compromiso, vou comida de antes para poder falar. Tampouco me gusta que me toquen o plato mentres como, esto pásame dende pequena, e son eu a que o da a probar ós outros cando considero que estou farta, pero antes nada de nada (risas).

P: Máis de carne ou de peixe?

R: Sobre todo como carne, ben roxa e a medio facer.

P
: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, estar baixo presión?

R: As pombiñas de millo son o meu recurso para o estrés e cando estou nun momento así, fágome dous ou tres boles delas e reláxome diante do que sexa. Tamén teño temporadas nas que me apetece un chocolate quente e de feito, teño na casa sempre sobres para facelo no momento, aínda que a veces caducan e saio fora a tomalo.

P
: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R: Me gustaron os ovos de formiga que chaman escamoles en México, con moito allo e cebola pois teñen un sabor forte semellante o dos miolos.

P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R: Pois non me gusta a lingua de vaca pois cando a teño na boca, a sua textura me produce arcadas.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas?

R: Faláronme dos saltamontes fritidos, creo que de algún lugar de Asia, e me apetece probalos porque ó parecer son como pipas

P
: ¿Quén ou qué cosa está para comela?

R: Galicia está para comela, para mín, por todo o que significa sobre todo dende que estou fora. Galicia é un manxar, gastronómicamente é espectacular, xeográficamente temos un tesouro non descuberto por outros e somos increíblemente afortunados co que temos aínda que non somos capaces de disfrutalo.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Rillaría os radicalismos en xeral, en todos os aspectos da vida, pois calqueira visión radical me produce dor de estómago. Acabo de chegar de Xerusalén e vin esa cidade como a capital de todos os radicalismos xuntos e o único que crea eso é impotencia e destroza una sociedade.

P
: Pensa que somos o que comemos?

R: Sí e non. Por un lado sí porque eu, por exemplo, como intensamente, e disfruto e como copiosamente porque eu son así en todo, vivo intensamente, son ambiciosa e disfruto de todo o que fago. Por outro lado non porque con moderación todo é máis fácil de levar e se te pasas un día, ó seguinte hai que controlar un pouco para que haxa equilibrio.

Cristina Pato:''Fago 40 kilometros semanais até Newark para...
Comentarios