Fina Calleja, ''Moncha'' en ''Padre Casares'': ''Lembro ir cos meus pais de viños no horario maravilloso do aperitivo pero en Galicia perdeuse o costume e só queda o da tardiña''

Un mes antes de retomar as gravacións da serie "Padre Casares" na Televisión de Galicia, Fina Calleja ultima co seu grupo teatral "Sarabela" duas produccións. Na comedia "Tango" de Slavomir Mrozoék, Calleja participa como actriz nunha comedia que, según dixo a GG, é pata público intelixente e tamén pura teatralidade. No outro espectáculo, a ourensá será directora dunha versión renovada do "Asombro da auga" que se estreou nas beiras do río Miño, no marco dos baños termais do "Muiño da Veiga" hai uns meses. Agora afrontará o reto de levar a representación a outros lugares da provincia para revitalizar os recursos termais e mananciais repartidos por toda a provincia e así suplir, de paso, as carencias de recursos culturais. Na cociña incorpora o asiático "wok" a unha chea de pratos tradicionais aprendidos da sua nai e da sua sogra.

                                                   

Pregunta: Cal é a sua comida favorita a cal a que menos lle gusta?

Resposta
: A tarta de queixo que fai a miña sogra Conchita que vive en Ourense, é o mellor do mundo mundial. Non me gusta nada, por pudor e porque me da grima, a lamprea cociñada no seu sangue...é que non podo con ela. Tampouco podo ca cociña de vísceras en xeral.

P: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?

R: Me encanta o viño tinto. Xa pasei por todos e agora son seguidora confesa dos tintos da Rioja. Gustame calqueira e debe ser algo de familia porque todos somos de viño tinto. Non me gustan os licores "brancos" salvo o "vodka" e a xenebra. Do resto deles non quero ningún pero o peor de todos para mín é o "coñac" pois lembro aqueles preparados para os catarros con leite e mel, os "xarabotes milagreiros", e sabían fatal polo "coñac"

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Pois ademaís do que dixen que fai a miña sogra, me encanta o pan de noces e pasas que nos regala cada Noiteboa Carmita, unha amiga da familia de toda a vida.

P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?

R
: Pois na cociña deféndome ben e gústame preparar un xarrete ó viño tinto con compota de mazán. É o prato familiar do Nadal e sempre o fago eu para todos, cando nos xuntamos até 18 persoas. Tamén me sae de maravilla o caldo de repolo aínda que xa non o fago moito na casa, pero na dos meus pais entre outubro e maio había cada día caldo, se sempre variado.

P: Algún segredo para sacar o mellor partido de algunha receita?

R: Pois o segredo, por exemplo, para preparar ese xarrete está nas 18 horas que pasa en viño tinto antes de poñelo ó lume. Nas últimas horas engadollle pirixel, ourego, allo, e unha botella enteira dun viño mencía bó, porque tinta moito e da sabor. Logo, cando a carne está no lume, ese prebe se vai engadindo a medida que se fai o guiso. O segredo sempre é o tempo que lle adicas.

P: É de xantar compreto ou de tapeo?

R: Se quero comer son máis ben de facelo sentada e tomo dous pratos. O postre dependerá do día e a veces non o tomo, porque son de come pouco e me farto enseguida. Se vou de picoteo no segundo petisco xa estou farta.
Así e todo, me encanta ir de viños cara a tardiña e onde máis é na zona vella de Ourense con moita diferencia, pero tamén en Pontevedra e na Coruña, tendo todas elas ambientes diferentes.
En relación cos petiscos e ir de viños, me sorprende que cando eu era moito máis nova os viños eran de sesión matinal, como aperitivo longo antes de comer. Eu acordo ir cos meus pais a esas horas que eran maravillosas pero en Galicia perdeuse totalmente ese costume, que, sin embargo, se mantén en Salamanca, Asturias ou Madrid.

P
: Se considera clásica ou innovadora en materia de comida?

R
: Para cociñar non teño moito tempo pero levo dous anos utilizando o "wok" e me parece un descubrimento maravilloso porque permite facer comida rápida, variada e sá. Ademáis a miña sogra aprendeume a reservar os sobrantes de algúns pratos e reutilizalos e agora fago misturas no "wok" con verduras ou pastas diferentes. Como comensal, gustanme os pratos variados.

P: Máis de carne ou de peixe?

R
: Eu son de "carrrrrne". Encantanme todas, sobre todo o cabrito pero sempre en pouca cantidade.

P: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, baixo presión?

R: Se estou desacougada ou con insomnio, pois son propensa sobre todo en épocas de función, me ergo as tres da madrugada, abro a neveira e apaño un queixiño, papoo e volto para cama.

P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R: Últimamente me sorprendeu o carpaccio de cecina de vaca con marmelada que comín no restaurante leonés "El Campillo", de Villablino. Estaba espectacular. Tamén me foi moi grato un queixo increíble que poñen no pobo onde nace o río Sil, no restaurante "Babieca" en La Cueta, na comarca leonesa de Babia. Outra sorpresa gastronómica para mín foi a crema de nécoras que fixen na casa seguindo a receta que me deu Xavier González, do restaurante "A Rexidora". Quedou riquísima pero deume tanto traballo que a partires de agora, cando queira comela, irea onda él porque os que ten alí son uns heroes... menudo traballo.

P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R: Alguns pratos de comida asiática que probei na Coruña, entre eles un sushi que xa sei que no me gusta nada.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas?

R: Pois teño moitas gañas de ir o restaurante "Fernandica" en Ledesma (Salamanca) porque as propietarias preparan comida tradicional e podes escoller entre moitos pratos diferentes. Atráeme sobre todo polas costeliñas de año.

P: ¿Quén ou qué cousa está para comela?

R: Aahh... pois a programación da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) deste ano en Ourense. Quedounos moi compensada e preciosa e tal como estamos no ecuador do evento, como sigamos así imos batir a nosa marca de espectadores.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Por un lado, rillaría a manipulación das ideas por parte dos políticos e dos medios de comunicación. Creo que nos últimos anos demos pasos cara atrás nese eido e hai sempre un ambiente de confrontación provocado e interesado.
Tamén rillaría a empresa Tepco, a que xestiona as centrais nucleares de Xapón, porque non entendo en maos de quén estamos... En Xapón, onde ademáis do desastre natural terrible agora teñen as consecuencias da producción de enerxía nuclear, todo eso sigue en maos dunha empresa privada...e eso é o que non entendo.

P: Pensa que somos o que comemos?

R: Entre outras bastantes cousas...penso que sí. O que comemos é definitorio, non a nivel individual pero sí no colectivo. Vamos, que a producción de alimentos e os tipos de cociña nos identifican.

P: Que lle suxire o que se dí de que pola boca morre o peixe?

R
: Pois é un defecto moi humano e podese chamar indiscreción. Somos humanos e, por tanto, sociables así que temos unha comunicación na que podemos ter excesos.

Comentarios