Galicia perderá este sábado a influencia das altas presións

Aparecerán nubes ao longo do día con probables choivas nas provincias da Coruña e Pontevedra
Previsión do tempo para este sábado. METEOGALICIA
photo_camera Previsión do tempo para este sábado. METEOGALICIA

Este sábado Galicia perderá a influencia das altas presións, o que vai permitir a entrada dunha fronte polo litoral atlántico. 

Así, como prognostica Meteogalicia, os ceos iranse cubrindo de nubes baixas co avance do día, con choivas máis probables nas provincias da Coruña e Pontevedra pola mañá. 

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo do suroeste. 

Principais indicadores das temperaturas extremas previstas nas cidades: A Coruña 17° 23°; Ferrol 16° 24°; Lugo 13° 26°; Ourense 14° 32°; Pontevedra 15° 25°; Santiago 16° 24°; Vigo 16° 25°.

Comentarios