Iago Castrillón: ''El Premio al Restaurante Revelación anima a seguir''

Malia a súa curta traxectoria, o Acio de Santiago, con Iago Castrillón nos fogóns e Eva Pizarro na sala, acumula xa varias distincións, a última o Premio ao Restaurante Revelación de España, recibido onte en Madrid Fusión.

¿Que supón o premio ao Acio?
É como un alento máis para seguir nesta liña de traballo que levamos e un recoñecemento máis ao que é o restaurante.

En tan poucos anos de vida é un gran recoñecemento...
O ano pasado e este están sendo bastante bos polos premios que nos deron e por esta meta, que ao fin e ao cabo son 50 xornalistas que xulgan os restaurantes e dan o seu criterio. Tocounos a nós e estamos moi contentos.

¿En que se basea o xurado?
Dan a súa valoración e tras un conclave, coñécese o gañador. Algúns pasaron pola nosa casa, outros non. Eses valorarán máis a comida; outros fixaranse na traxectoria do restaurante.

¿Cales son os próximos obxectivos do Acio?
Seguir traballando, seguir dando de comer á nosa clientela, seguir facéndoo igual de ben e divertirnos máis que outra cousa.

¿Como definiría o restaurante para quen non o coñeza?
Un restaurante de tempada que vai coas estacións, cos produtos da praza de abastos, que se alimenta dos agricultores, do peixe, das carnes... Que busca o mellor produto estacional para os seus pratos.

¿Notan a crise?
Si, penso que todo o sector está notando a crise. Nós o único que facemos é levalo cun sorriso e sendo positivos. Non estamos no mellor momento, pero nós sempre intentamos ser positivos, verlle o lado bo que teñen as cousas e seguir para adiante. No noso caso, si que se nota a crise, pero estes premios que nos van dando supoñen un aliciente para continuar.

Comentarios