A Intelixencia alemá ve "moi plausible" que Rusia apoiase o independentismo catalán 

Hans-Georg Maassen dixo que, de acordo cos datos, o país soviético apoiou o soberanismo con desinformación e propaganda aínda que non con fondos económicos

O director do Servizo de Intelixencia interior de Alemaña, Hans-Georg Maassen. AEP
photo_camera O director do Servizo de Intelixencia interior de Alemaña, Hans-Georg Maassen. AEP

O director do Servizo de Intelixencia interior de Alemaña, Hans-Georg Maassen, asegurou este luns nunha conferencia que ve "moi plausible" que Rusia apoiase o movemento independentista de Cataluña. 

Nun simposio sobre ameazas híbridas celebrado en Berlín, o director da Oficina para a Protección da Constitución (BfV) dixo que esta información non a recibiu de primeira man pero que a considera "moi plausible". 

Maassen dixo que, de acordo cos datos, Rusia tería apoiado o soberanismo con desinformación e propaganda aínda que non con fondos económicos. 

Maassen realizou as súas declaracións no marco dun foro en Berlín sobre as ameazas híbridas que afronta Alemaña, no que advertiu de que as infraestruturas críticas xermanas poderían sufrir un ciberataque procedente de axentes estranxeiros. 

Comentarios