jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Laura Seara: ''Para mín é un segredo a salsa das ameixas pero sigo tentando facela con unha receita de miña nai que aprendeu da sua sogra''

A alaricana Laura Seara Sobrado cumprirá 36 abriles en 2011,  tras un ano 2010 pleno de cambios na sua vida persoal e "laboral" ou política pois foi nomeada Directora General del Instituto de la Mujer do Ministerio de Iguadad en xaneiro de 2010 e 10 meses despois cambiou de estado civil nunha ceremonia celebrada en Allariz, o seu pobo natal. Para antes do seu cumpreaños en abril, espera pechar con éxito o primeiro "Congreso por un Envellecemento Sostible e Saudable das Mulleres" que se celebrará en Madrid na primeira semana de marzo. Até ese momento poderá aínda desfrutar do Entroido en Xinzo de Limia pobo no que se criou e onde a esperan os amigos para adicarlle ceas e comidas ós cocidos e outros pratos tradicionais da época.

                                               

Pregunta
: Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gusta?

Resposta: Os ovos fritidos con patacas fritas e chourizo, feitos en calqueira lugar. Non me gusta nada a soá do porco e o salmón. Na miña casa da infancia a soá comíase cocida e preparada pola miña aboa pero a mín non me gusta.

P
: Cal é a sua bebida preferida e cal é a que menos pide?

R: Me encanta a auga con gas e os viños tintos de La Rioja e do Ribeiro. Nunca me gustou e sigue sen facelo a cervexa.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: De sempre o flan caseiro do restaurante "Fandiño" de Allariz, onde o fai a propietaria que é a miña aboa Lola.

P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?

R: Me gusta preparar carne de tenreira e porco guisadas ou no forno e pratos de pasta con moitas salsas. Cociñar me gusta pois me relaxa e agora só preparo comida polas noites. Pero non renuncio a cociñar con calma polo menos unha vez ó mes na casa de Ourense (durante a semana vive entre varias cidades de España a causa do seu cargo)


P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?

R: Para mín aínda é un segredo a salsa para acompañar as ameixas pero sigo tentando conseguila seguindo unha receita da miña nai que ela recolleu da sua sogra.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Depende. Polas noites ceo lixeiro en casa con sopa ou ensalada, verdura... en un único prato e na comida sou de primeiro e segundo pratos, non me gusta demasiado o postre.
O tapeo tamén me gusta cando saio en Santiago, en Madrid ou mesmo en Xinzo, onde me criei e onde sempre me esperan os amigos por exemplo, agora nos próximos días de Entroido. Eses días que paso en Xinzo son os únicos que teñen ceas a base de cocido diario tanto se como na casa como se o fago nos restaurantes.

P: ¿É vostede clásica ou máis ben innovadora no tocante á comida?

R: Na cociña me gusta misturar o de toda a vida con sabores novos. Ademáis investigo dentro das miñas posibilidades e entro en "Google" a buscar receitas novas. Últimamente teño como reto facer un bó "mole" mexicano. Á hora de xantar, me gusta descubrir novos restaurantes e cociñas e prefiro os sabores agridoces e a cocina china en xeral.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Sou máis ben de carne carne, incluidas as vísceras, que me gustan moitísimo, como as mollejas, os callos ou elaborados como o botelo.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que lle resultase unha sorpresa agradable?

R: Gustoume moito o peixe crú que comín no restaurante "Kabuki" de Madrid.

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Últimamente non me gustou un prato de xabarín que comín en Ourense, nun lugar onde sempre o fan ben, menos ese día.

P: Por que prato sinte curiosidade ou coñece de oídas pero aínda non probou?

R: Pois nunca me atrevín a probar o caldo do centolo pero me encantaría xuntar valor para facelo. Teño que buscar un bó momento para animarme e será na zona das Rías Baixas, claro.

P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R: Alguén que me está esperando agora na miña casa (en referencia ó seu marido, según suxeriu)

P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Berlusconi cumple todos os requisitos. Me parece un home grotesco e machista, ó contrario do que debera haber nun país de inmensa cultura como é Italia.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: Non porque non todo o mundo pode comer o que quere e a aplicacion desa frase pode ser inxusta por ese motivo. Tamén hai xente que come estupendamente ben pero que non é boa nin cambiará nunca para ben.

P: Que lle suxire o de pola boca morre o peixe?

R: Comparto o sentido desa frase. Sempre se acaba pillando a unha persoa que minte sempre se acaba descubrindo... o que minte, traizoa e acaba descuberto pola boca.

Laura Seara: ''Para mín é un segredo a salsa das ameixas pero sigo...
Comentarios