
Os ceos continuarán despexados
O domingo seguiremos coas altas presións ao oeste de Galicia e con circulación do norte. Unha situación que nos traerá unha tarde de ceos despexados tras unha mañá con intervalos de nubes baixas no extremo norte e algunha brétema no litoral.
As temperaturas descenderán lixeiramente, especialmente as máximas; aínda así manterase a sensación de calor no interior. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando pola tarde a moderado no litoral atlántico.