O luns chega a Galicia con intervalos nubrados

Existe a posibilidade de chuvascos matinais intermitentes e de neve en altura

Intervalos nubrados, con posibilidade de chuvascos matinais intermitentes e de neve en altura marcarán a xornada deste luns, segundo as previsións de Meteogalicia.

O instituto meteorolóxico prognostica que Galicia terá unha masa de aire frío nas capas altas da atmosfera con ventos de compoñente norte e intensidade moderada, cambiando a oeste ao final da xornada e aumentando a súa intensidade. A cota de neve estará sobre os 1.100 a 1.200 metros de altitude subindo lixeiramente durante a tarde.

Temperaturas:
A Coruña: 7-13
Ferrol: 7-14
Lugo: 6-13
Ourense: 7-17
Pontevedra: 6-16
Vigo: 7-16
Santiago de Compostela: 7-13

Comentarios