Manuel Rivas: ''O meu único capricho é buscar coma un tolo as primeiras cereixas de tempada que chegan ó mercado coruñés de San Agustín''

O novelista, xornalista, ensaísta, académico e poeta coruñés, multipremiado por obras das súas diferentes facetas, presenta en Madrid o día 20 de outubro a sua última novela titulada "Todo é silencio", tras varios actos que combinaron literatura e música para dalo a coñecer en varias cidades galegas. Desta novela falou tamén en Ourense, onde participou na semana literaria adicada á novela histórica, con encontros co público e sesións de firma de libros. Alí explicou a GG lembranzas e gustos relacionados ca comida e ca cociña mesturados no seu "presente recordado".
                                                


Pregunta
: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: O caldo galego feito na casa con verduras mesturadas e enriquecido con polo. Fora de casa, o caldo que é maravilloso e debería estar recomendado como terapia médica contra os estados de ánimo baixos é o que poñen en cunca no Tanagra da Coruña, a carón do teatro Rosalía. Sonlle moi fiel porque foi o primeiro sitio no que comín fora da miña casa e pagando co meu salario dos 16 anos e comín as sardiñas con pan de broa.
Algo de comer que non me guste é difícil pero fora do polo, non me gusta nengunha outra ave. Ademáis me gusta cada vez menos comer carne pero me encantan os iscos (anaquiños de touciño) cravados n un pao e asados ó lume sobre pan de broa.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: O que máis me gustan son os viños, tanto brancos como tintos. Sempre me gustou o tinto de Barrantes en cunca, que tomaba nos furanchos dalí con xurelos. Así e todo, en tintos son algo internacional aínda que agora estou na groria cos "mencías" que saben máis á terra. En brancos son de Ribeiros más que de outros. Non me gustan os licores tipo "vodka", ese fortes e, en xeral, me gustan os licores e viños que me fagan falar, pero non os fortes.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Son larpeiro e gustame moito o queixo do país, non demasiado brando, con marmelo caseiro.

P: Na cocina,¿que prato se lle da mellor?

R: Fago algunhas cousas ben como o bacallao "á Gomes de Sá" e outros peixes ó forno.

P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?

R: Botarlle de cando en vez unha mazá os pratos de guiso de carne para engadirlles así un arrecendo de horta que se suma ós outros elementos xa mesturados.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R
: A verdade é que o xantar principal eu fágoo moi lixeiro pois escribo durante o día e a comida me pilla traballando así que almorzo pola mañá con froita e cereais variados, logo xanto pouco pois me gusta gozar da comida e o traballo non me permite facelo a esas horas, pero logo a cea procuro facela eu, xa con máis tempo.
O tapeo conleva o contacto social que máis me gusta despois do de cear e conversar, e hoxe calqueira cidade é idónea para ir picando cos amigos.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: O máis revolucionario é o xénero clásico e como cociñeiro eu son eso, igual que A Odisea foi a primeira e segue a ser a mellor. Como comensal ocurre igual pero non teño medo a novas experiencias.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Pois cada vez menos de carne e máis de peixe ó forno.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?

R: Non teño caprichos salvo o de buscar coma un tolo as primeiras cereixas de temporada que chegan o mercado de San Agustín da Coruña.

P
: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R: Descubrín con gusto a pizza de sólo pan e cebola que comín en La Madonna de Bós Aires, no barrio de San Telmo, que é de un galego.

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Uns callos sen garabanzos que comín fai pouco lonxe de eiquí.

P
: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R: Sinto curiosidade pola comida de outros lugares, en xeral. Gustaríame ter a oportunidade de coñecer a comida do interior de Camerún pois ca diversidade cultural que hai nese país, a comida ten que ser espectacular. Tamén me gustaría comer un prato de arroz nunha aldea de China.

P
: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R: Pois unha boa novela erótica.

P
: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: O tempo político actual e o sectarismo dos políticos, en xeral.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R
: Se cadra, somos máis o que bebemos.

Comentarios