Martes de choiva e aire frío

Este martes unha borrasca situada ao noroeste de Galicia seguirá deixando moita inestabilidade e aire frío. Por tanto, espérase un día de ceo parcialmente anubrado con chuvascos xeneralizados que poden estar acompañados de saraiba e aparello eléctrico. 

Mentres, a cota de neve situarase durante a mañá nos 1.200 metros e pola tarde nos 1.400 metros, para descender aos 1.200 metros pola noite. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará forte do suroeste no litoral e zonas altas do interior. 

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. Deste xeito, as máximas subirán até os 17 graos en Ferrol, mentres que as mínimas descenderán até o sete graos en Lugo e Ourense. 
 

Comentarios