viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

O mércores deixará unha apertura de claros pola tarde e un ascenso térmico

O tempo este mércores. METEOGALICIA
O tempo este mércores. METEOGALICIA

Este mércores Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte retirándose durante a mañá. Así, amencerá co ceo moi nubrado en xeral e choivas de carácter débil. Pola tarde a tendencia será a apertura de grandes claros en xeral. 

Segundo información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente oeste frouxo, con intervalos moderados no litoral norte. 

Pola súa banda, as temperaturas ascenderán lixeiramente. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 30 graos en Ourense e os valores mínimos descenderán ata os 14 graos en Lugo. 

O mércores deixará unha apertura de claros pola tarde e un ascenso...
Comentarios