Mejillones

Os mexillóns consómense en moitos países: en Bélxica e Holanda cómense con patacas fritas; en Italia, con outros mariscos ou con pasta; en Turquía rebózanse en fariña e frítense e tamén se preparan recheos con arroz e fríos, acompañados dunha cervexa...

En Francia, na baía de Biscaia, ásanse. Na China fanse nun caldo de allo fermentado con fabas mouras e en Nova Zelanda sérvense cunha vinagreta de chili, mentras que en Irlanda férvense e sazónanse con vinagre.

Ingredientes

  • Ovos
  • Mexillóns
  • Tona
  • Fariña
  • Ourizos
  • Vinagre de módena
  • Aceite
  • Sal


Elaboración:
Facer unha salsa cos ourizos, o vinagre e o aceite, batendo ata que quede cremosa.

Cocer os mexillóns e picalos finos. Nun molde colocar os mexillóns, aos que se lles engade o ovo batido, a tona, a fariña e o sal e, despois, cocer no forno a baño maría.

Deixar enfriar o pastel e servir acompañado da salsa de ourizos.

Comentarios