domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Miriam, de 'OT', máis cerca de cumprir o seu soño

Miriam, tras recibir el veredicto del jurado. TVE
Miriam, tras recibir el veredicto del jurado. TVE

A concursante de Pontedeume con orixes luguesas non só aspira a converterse na gañadora do concurso, senon a ser a representante de España en Eurovisión

A galega Miriam converteuse este luns nunha dos catro finalistas de Operación Triunfo 2017, xunto a Amaia, Alfred e Aitana. A concursante de Pontedeume con orixes luguesas non só aspira a converterse na gañadora do concurso, senón a ser ademais a representante de España en Eurovisión. 

A moza quedou en segunda posición tras interpretar What about us de Pink, unha actuación perfecta a xuízo de Joe Pérez-Orive, que lle deu un 10. O xuíz defendeu que a moza naceu "para cantar".

Miriam, unha das concursantes máis discretas desta edición, mostrou unha gran evolución durante as últimas semanas, tal e como lle comentou o profesor Manu Guix este martes durante a revisión da gala. "Deches un paso adiante que necesitabas dar. O teu paso por este concurso foi unha loita constante con se es fría, que non emocionas... E de súpeto fas isto... Nunca te vimos tan metida na canción", declarou.

GALA 12. Na próxima gala, a única galega que queda no concurso tras as saídas de Cepeda e Roi, interpretará en solitario Recuérdame de Carlos Rivera e Valerie de Amy Winehouse, xunto a Aitana.

O luns tamén se coñecerá o nome do quinto finalista, posto que disputan Ana Guerra e Agoney.

Miriam, de 'OT', máis cerca de cumprir o seu soño
Comentarios