
As temperaturas non sufrirán cambios significativos
Galicia comezará a semana nunha situación atmosférica moi indefinida, coas altas presións ao norte das illas Británicas. Deste xeito agardamos unha mañá de nubes baixas e néboas, que en puntos do litoral atlántico poden ser persistentes.
Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior que poderían dar lugar a algún amago treboento. No resto os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, con nubes altas que non impedirán o paso do sol.
As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés no terzo norte e variables no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas pola tarde.