O ex-diputado do Congreso Antonio Rodríguez, e ex-secretario xeral dos socialistas galegos foi testigo presencial o 23 de febreiro de 1981 da tentona de golpe de Estado no Congreso así que tamén foi un dos participantes na conmemoración do 30 aniversario daquel feito, como outros galegos. José Luis Meilán Gil, José Luis Rodríguez Pardo, Isidro García, Pablo Pardo, Perfecto Yebra, Manuel Fraga, Francisco Vázquez, Antonio Trillo Torres, Jesús Sancho Rof o Víctor Moro Rodríguez, foron algúns dos deputados galegos que viviron aquelas horas tensas de 1981 e rememoraronas fai uns días mentres outros xa non poideron asistir o 30 aniversario como os ourensans Eulogio Gómez Franqueira, Pío Cabanillas Gallas ou Jaime Tejada.
O ourensán Rodríguez segue na política activa como membro do comité nacional galego dos socialistas, e reside na cidade das Burgas.
Pregunta: Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gusta?
Resposta: O que máis me gusta é o cocido galego feito ó estilo clásico, o que fai na casa a miña muller e antes facía a miña nai. Cando era deputado do Congreso, á volta de Madrid visitaba a miña nai no barrio do Pino, en Ourense, e chegaba a sua cas ás 5 ou 6 da tarde e cheiraba a caldo de cocido, e o saúdo dela sempre era: "queres unha taza?". Sempre fun forofo do cocido. Ademáis a miña educación espartana fai que coma de todo pero sí e certo que hai unha serie de pratos que non dixiro ben, así que entre os que non me gustan están a fabada, salvo que sexa con ameixas, as lentexas das que comín moitas no internado, e un guiso que facía a miña muller de recén casados e que logo deixou de facelo.
P: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?
R: Gustame o viño branco e tiña produción propia abastecéndome duns viñedos de Coles, cerca de Ourense, on o meu pai fixo sempre viño. Ó morrer él eu sentín a obriga de aprender a facelo pero fai dous anos tiven un problema cardíaco e o médico me recomendou que bebese o tinto. Como son disciplinado agora bebo viño tinto, así que regalo ou vendo as uvas brancas que se producen en Coles e merco viño tinto da Ribeira Sacra que me dan familiares que aínda teño no pobo dos Peares.
Non me gustan as bebidas gaseadas, nin sequera a cervexa, e iso que a bebín durante os 21 anos que estiven en Madrid, porque era unha bebida moi socorrida.
P: Ten un postre favorito? de quen?
R: Non sou larpeiro pero gústame o arroz con leite ben feito e vou a calqueira lugar onde me dín que o fan así.
P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?
R: Na cociña son moi elemental e tería problemas de subsistencia se tivera que facer comidas. Houbo algún momento no que aprendín a facer algún prato como ovos fritos ou bacallao crú con aceite, allo e cebola pero non cultivei ese coñecemento e perdíno. A cociña non é o meu e nunca tiven tempo para ela pois a política era moi absorbente e penso que cociñar é só para persoas que administran moi ben o tempo.
P: Algún segredo que lembre naquela cociña que chegou a practicar?
R: Pois lembro que para facer os ovos fritos a chave é ter a prancha moi quente, con apenas graxa e despois de vertelos, mantelos só o tempo xusto para dourar a parte exterior e que quede líquido o interior, de xeito que se poida mollar pan tanto na crara como na xema.
P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?
R: Sou máis de xantar completo con primeiro, segundo e postre na casa pero sen engordar, pois sempre fun moi presumido. Sair de tapeo me gusta por relacions sociais e porque sair a tomar viño só tampouco me vai, así que para acompañalo me gusta a orella, patés ou tortilla. En todolos sitios ós que vou quero coñecer a zona de tapeo pero a de Ourense, sen dúbida, é a mellor.
P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?
R: Cando como en calqueira lugar de Galicia sou clásico pero si estou fora me gusta coñecer as especialidades de cada zona e aproveito as viaxes para probalas.
P: É mais de carne ou de peixe?
R: Pois gustanme as dúas cousas. En relación a esto, pasóume unha anécdota en Pontevedra, onde estábamos xantando nun restaurante con un grupo de persoas. Eu pasei a comida falando mentres comía sen saber nin o que tiña no prato e ó rematar, saiu a cociñeira e veu onda nos para decirme que nunca vira a ninguén que comera o peixe tan ben coma mín...porque o desfixen das espiñas e repartín moi ben, pero eu nin me decatara. Nos peixes gustame moito o lenguado e o rodaballo ben feito pero en carnes me gusta calqueira aínda que non esté perfecta. Por exemplo, a carne de tenreira pouco pasada. Lembro que fronte o Senado puñan na mesa a carne casi crúa e tí podías preparala nunha pequena prancha que che puñan. Me encantaba o sistema porque así podes deixala no punto que máis che guste.
P: Hai algún alimento imprescindible, por exemplo para momentos tensos?
R: A diario me gusta tomar algo de viño doce como un "Oporto".
P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?
R: O "pan tumaca" catalán e en xeral, a comida de Cataluña pois é moi rica e en cantidades pequenas. Tamén as cocochas vascas. Lembro que tiña un compañeiro deputado que era moi escollido para os restaurantes pero para mín a alimentación ten só unha función vital e non me produce especial felicidade.
P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?
R: Non me gusta a carne tal como a preparan en Portugal.
P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?
R: Pois teño pendente de probar un prato de caviar pois me dicen que é delicioso e único e só o vin, até agora, en cocteles e misturado.Tamén teño gañas de repetir visita a Zafra (Badajoz) onde está moi rica unha carne de tenreira da raza local "retinta".
P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?
R: O meu último neto que agora ten 20 meses e aínda que é o quinto, este é moi bonito e rollizo e sempre está contento e alegre.
P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?
R: Non soporto a mentira e o momento político actual no que se mistura a verdade ca propaganda e por tanto, hai moita mentira. En todolos partidos, a infomración é difícil de distinguir da propaganda que é unha mentira pola que sinto rexeite profundo.
Tamén están para rillalas as desigualdades sociais que sigue habendo no país, a pesar de que se avanzou en moitas cousas pero as desigualdades permanecen e eso me irrita.
P: ¿Pensa que somos o que comemos?
R: Nunca o pensei. Sí é certo que sempre vin a comida como algo beneficioso para a saúde, quizá pola miña deformación profesional como docente. No aspecto de preocuparse por unha alimentación sana, sí somos o que comemos. Pero unha boa alimentación non é garantía absoluta de boa saúde.
P: Que lle suxire a frase de pola boca morre o peixe?
R: En política vemos eso casi todos os días. É un axioma que non precisa demostración
científica. A xente fala o que non debe e paga as consecuencias desa verborrea, exhibición
e falta de control verbal.